Viña

A D.O. Monterrei recolle case sete millóns de quilos de uva na vendima de 2023

A vendima de 2023 comezou o 27 de agosto, finalizando o 9 de outubro a recollida de uva.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
16/10/2023 4:03 p.m.

A Denominación de Orixe Monterrei finalizou a campaña de vendima 2023, logrando de novo unha colleita histórica, con 6.931.621 quilogramos de uva colleitados.

Con respecto á cifra de variedades vendimiadas, colleitáronse 4.966.688,5 quilogramos de uva branca, mentres que de uva tinta foron 1.964.932,5 quilogramos, é dicir, 72% de variedades brancas e o 28% restante das tintas.

A campaña de vendima iniciouse o 27 de agosto, coa adega Francisco Pérez Diéguez e finalizou o 9 de outubro, sendo a adega José Antonio da Silva Pereira (Viños Lara) a última en pechar o período de recolección de uva.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A campaña de vendima 2023 concluíu cuns “excelentes resultados a nivel cuantitativo, debido ao incremento das hectáreas na nosa base territorial”, destaca do presidente do Consello Regulador, Jonatás Gago García, “e alcanzouse un máximo histórico, superando en case medio millón de quilogramos a campaña 2022, ata o de agora a máis exitosa”. Tamén quixo destacar o “traballo dos viticultores e adegueiros, non só durante a campaña de vendima, senón ao longo do ano”.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada