Viña

A D.O. Monterrei finaliza a vendima con 6,5 millóns de quilos de uva colleitados

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 14/10/2022 4:11 p.m.

A Denominación de Orixe Monterrei concluíu a campaña de vendima 2022, alcanzando a cifra de 6,5 millóns de uva colleitados. Con respecto á cifra de variedades vendimiadas, recolléronse 4,5 millóns de quilogramos de uva branca, mentres que de uva tinta foron uns 2 millóns.

Como en campañas anteriores, a variedade godello foi a máis abundante, con 3,2 millóns de quilogramos de uva producidos. Tras ela, sitúanse mencía (1,5 millóns), treixadura (preto de 900.000 quilogramos) e aráuxa (aproximadamente 300.000 quilogramos). Con todo tamén se colleitaron variedades como dona branca, albariño, loureira, merenzao, sousón e caíño tinto.

“O estado fitosanitario da uva foi excelente”, destaca a presidenta do Consello Regulador, Lara Da Silva Rodríguez. “Levouse a cabo unha vendima gradual, para alcanzar o grao de maduración óptimo da uva segundo a variedade, así que os resultados non só foron moi bos a nivel cuantitativo senón tamén cualitativo”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A campaña de vendima iniciouse o 1 de setembro, con Castro de Lobarzán e finalizou o 9 de outubro, sendo a adega Crego e Monaguillo a última en pechar o período de recolección de uva.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada