Leite

Cursos sobre produción de forraxes e alimentación do gando en Monforte

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 20/10/2022 9:34 a.m.

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, organiza dous cursos en Monforte de Lemos sobre produción de forraxes e alimentación do gando. A primeira formación celébrase o vindeiro martes 25 de outubro, mentres que a segunda se celebra ao día seguinte, o mércores 26 de outubro. Ambos cursos desenvolveranse no q ao longo de catro horas en horario de 10:00 a 14:15 horas.

O obxectivo destas formacións é que os alumnos adquiran os coñecementos necesarios para facer un bo uso do pastoreo co fin de que poidan abaratar os custes de produción e mellorar a calidade dos seus produtos finais. Ademais, contribúe a acadar unha produción gandeira máis eficiente, ao mesmo tempo que se respecta o medio ambiente.

Esta iniciativa está dirixida en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como a mozos e mozas do medio rural galego e a persoas con expectativas de incorporación ao sector.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

As persoas interesadas poderán formalizar a inscrición en liña ó localizar o curso no plan de accións formativas da Consellería de Medio Rural para este 2022. O coordinador do curso poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se está ou non admitida. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 889 103, ou enviarse un correo a ceca.monforte@edu.xunta.es.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada