Carne

Cursos sobre gandería de vacún de carne, ovino – cabrún e prevención de ataques do lobo

Beealia impartirá até final de ano por toda Galicia unha serie de accións formativas encamiñadas a mellorar a rendibilidade das explotacións e minimizar as perdas por ataques da fauna salvaxe. O programa formativo é promovido pola Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), en colaboración con oficinas agrarias comarcais e Grupos de Desenvolvemento Rural

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 08/07/2021 1:38 p.m.

A entidade de formación e asesoramento Beealia organiza por toda Galicia desde o mes de agosto até decembro un programa de cursos dirixidos a gandeiros e destinados a implementar nas explotacións medidas preventivas que eviten os ataques do lobo ao gando, así como outra serie de accións formativas para mellorar a propia rendibilidade das explotacións, tanto de vacún de carne como de ovino e cabrún.

O calendario dos cursos desenvolverase nas catro provincias e forma parte do plan de formación da Agacal deste ano, desenvolto en colaboración con oficinas agrarias comarcais e Grupos de Desenvolvemento Rural. Os interesados en participar poden inscribirse neste enlace.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Programa completo de cada curso

No curso de Convivencia e prevención de ataques de lobo á gandería, cunha duración de 15 horas repartidas en tres mañás, daranse a coñecer distintos métodos de prevención, como os peches ou o uso de mastíns para protexer o gando. Na parte práctica, visitaranse explotacións e faranse demostracións in situ para o establecemento de distintas pautas e propostas personalizadas. Podes consultar pinchando no seguinte enlace o programa completo do curso, que será impartido por Joan Alibés, Laureano Parada e Luís Llareza.

Pola súa banda, o curso de Iniciación e mellora da gandería de vacún de carne ten unha duración de 25 horas repartidas en 5 mañás e pretende elaborar un plan individual e personalizado para cada alumno participante con distintos aspectos que aplicará na súa gandería. Está dirixido tanto a persoas que pretendan poñer en marcha un proxecto produtivo de carne de vacún como a titulares de explotacións que queiran mellorar o seu funcionamento e rendibilidade. Podes consultar pinchando no seguinte enlace o programa completo do curso.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Por último, o curso de Iniciación e mellora da gandería de ovino e cabrún, que tamén ten unha duración de 25 horas repartidas en 5 mañás, detallará distintos aspectos sobre produción, razas, alimentación, sistemas de manexo, reprodución, organización e mellora de pradeiras, sanidade ou comercialización da carne, axudando tamén aos alumnos participantes a enfocar de maneira personalizada o seu proxecto de explotación. Podes consultar pinchando no seguinte enlace o programa completo do curso.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada