Agricultura

Cursos este sábado en Sergude sobre plantas aromáticas e elaboración de produtos naturais de limpeza

Estarán centrados na recolleita e técnicas de manipulación das plantas medicinais e na elaboración de produtos ecolóxicos de limpeza con plantas silvestres. Serán en horario de mañá e tarde

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 08/09/2022 3:19 p.m.

[caption id="attachment_67228" align="aligncenter" width="660"] A árnica é unha planta silvestre que ten moitas aplicacións na industria cosmética e farmacéutica. / Arquivo. [/caption]

A Axencia Galega de Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto celebrar dous cursos no Centro de formación e experimentación agroforestal de Sergude, no concello de Boqueixón, sobre a transformación de produtos vexetais.

Ambas iniciativas están dirixidas á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Así, un dos cursos de formación tratará sobre a recolleita e as técnicas de manipulación de plantas medicinais e aromáticas. Celebrarase este sábado 10 de setembro en horario de mañá e tarde. O obradoiro aborda tanto aspectos teóricos como prácticos sobre a recolleita de plantas silvestres e as técnicas de procesado das partes aproveitables das herbas aromáticas e das medicinais.

O cultivo de plantas mediciñais volve estar en boga hoxe en día polas súas diferentes posibilidades de comercialización

Tamén se abordarán as principais características e técnicas de cultivo e recolleita destas plantas, que hoxe en día volven estar en boga e son grandes aliadas para os agricultores, dadas as súas diferentes posibilidades de transformación e comercialización. Ademais, tamén se abordarán os sectores que utilizan estas plantas e as diferentes normativas que afectan á produción e comercialización de produtos derivados das mesmas. 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Elaboración de produtos ecolóxicos de limpeza

O segundo dos cursos tratará sobre a elaboración de produtos ecolóxicos de limpeza cun obradoiro práctico. Dita formación comezará tamén este sábado 10 de setembro e continuará os vindeiros sábados 24 de setembro e 8 de outubro. O horario deses tres días será de mañá e tarde.

Neste obradoiro abordaranse as vantaxes de elaboración de produtos propios de limpeza, tales como xabón en taco con aceite reciclado, lixivia de cinsas, deterxentes de plantas, suavizantes para a roupa e mesmo limpadores para mobles e outras superficies. Tamén se elaborarán produtos para a hixiene persoal, como pasta de dentes, desodorizante corporal, xel e crema hidratante. En todos estes casos, os produtos serán elaborados mediante o aproveitamento tradicional de certas plantas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Para participar nestes cursos é necesario facer a pre-inscrición en liña cubrindo os datos necesarios a través do seguinte enlace. O coordinador do curso poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se está ou non admitido. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 881867331, ou enviar un correo a cursos.agacal.sergude@xunta.gal.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada