Apicultura

Cursos de apicultura da Agrupación Apícola de Galicia

Barbadás acolle os dous próximos fins de semana unha actividade formativa sobre novas tecnoloxías nos colmeares. Para esta primavera, hai previstas charlas e obradoiros prácticos en Vigo, Lugo e A Gudiña

Campo Galego 06/03/2019 11:04 a.m.

A Agrupación Apícola de Galicia está a iniciar o seu programa formativo do 2019, que inclúe cursos, charlas e obradoiros prácticos en diversas localidades. Unha das primeiras actividades programadas é o curso ‘O uso das novas tecnoloxías na xestión apícola’, que se desenvolverá en Barbadás (Ourense) durante os dous próximos fins de semana, na tarde dos venres 8 e 15 de marzo, e na mañá dos sábados 9 e 16 de marzo.

O curso programado en Barbadás abordará cuestións como a definición do entorno da explotación, o acondicionamento das instalacións apícolas ou o uso de aplicacións para a xestión (Apps). A actividade completarase na tarde do sábado 9 cun taller de arpas eléctricas, para a protección das colmeas fronte á vespa asiática, e na tarde do sábado 16 de marzo con dúas charlas, unha sobre a diversificación de produtos apícolas, centrada na recolección de pole e propole, e outra sobre produción ecolóxica en apicultura.

A asistencia ó curso e ás charlas é gratuíta, pero é precisa a inscripción previa, ben no e-mail oficina (arroba) planapicola.com, ben no teléfono (ou whatsapp) 646 788 215.

[box style="0"]

Calendario de actividades

De marzo ata agosto, a Agrupación Apícola de Galicia xa ten planificada unha serie de cursos e prevé outros que aínda están en preparación. As accións formativas que se coñecen ata o de agora son as seguintes:

- Curso anual de apicultura práctica (Inscripción previa obrigatoria, gratuito). Desenvólvese unha xornada ó mes no colmear de prácticas de Cotogrande (Vigo).

- Cría de raíñas profesional: 100 euros, socios / 150 euros, non socios.

- Curso xestión comercial en apicultura (Lugo, 30 de marzo, 9-15 horas). Inscripción previa, gratuito.

- Curso Novas tecnoloxías na xestión apícola (Vigo, 5, 6, 12 e 13 de abril). Inscripción previa, gratuito.

- Curso xestión comercial en apicultura (Barbadás, 27 de abril, 9-15 horas).

- Curso en A Gudiña (Ourense) que abordará a alimentación das colmeas, a fiscalidade na apicultura e a importancia do mel con calidade diferenciada. (Data por confirmar).

- Curso xestión comercial en apicultura (Vigo, 24 de maio).

- Curso ‘Novas produccións apícolas, diversificación da produción’ (Barbadás, 5, 6, 12 e 13 de xullo).

[/box]

Etiquetado
Ir a la portada