Esta iniciativa está dirixida a calquera persoa vinculada profesionalmente ou con expectativa de incorporación aos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como aos mozos e mozas do rural galego interesados neste eido.
Ao longo das 25 horas, o curso afondará en diversos temas como a situación actual do sector, a alimentación destes ruminantes e os seus requirimentos, así como o manexo e implantación de pradeiras ou as axudas básicas ás que poden acceder os gandeiros. Ademais, a acción formativa contará cunha visita a unha gandaría da zona para a posta en práctica dos coñecementos adquiridos previamente.
A acción formativa contará cunha visita a unha gandaría da zona para a posta en práctica dos coñecementos adquiridos previamente
Deste xeito, o obxectivo principal do curso é incrementar o nivel de profesionalización do sector ovino-cabrún galego. Para iso, os docentes analizarán as carencias dos titulares e potenciais titulares deste tipo de explotacións gandeiras que asistan á formación.
Para participar é preciso descargar o formulario de inscrición no seguinte enlace e envialo cuberto ao enderezo electrónico transferenciatecnoloxica.cmr@xunta.gal. As persoas que precisen consultar calquera dúbida poden facelo chamando ao teléfono 981546689.