Leite

Curso sobre xestión dos custes de produción nas ganderías de vacún de leite

Loading ad.
Ad could not be loaded.
07/09/2021 2:14 p.m.

A Oficina Agraria Comarcal de Ferrol, dependente da Consellería do Medio Rural, organiza para o vindeiro 18 de outubro un curso sobre “Uso do programa de xestión de explotacións leiteiras”. A actividade formativa desenvolverase na sede da Cooperativa Campo Capela, no concello homónimo, en horario de 10:30 a 14:00 horas e de 15:30 a 18:00 horas.

O programa do curso é o seguinte.

-10:30-11:30 Introdución : identificación e cálculo dos custes de produción. Aprender de un xeito práctico a calcular os costes de produción nas explotacións leiteiras.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-11:30-14:00 Racionalización e diminución dos custes de produción de cara a aumentar a rendibilidade da explotación. Analizar as distintas alternativas para racionalizar e diminuír os custes de produción de cara a aumentar a rendibilidade da explotación sen que exista un detrimento no benestar dos animais nin na calidade do leite.

-15:30-18:00 Manexo do programa/aplicación informática para o cálculo dos costes de produción e de xestión de explotacións leiteiras.

Para máis información e solicitudes para asistir ao curso chamar ao teléfono 981337049. As solicitudes para o curso teñen que enviarse cubertas e asinadas polos alumnos interesados a oac.seca.ferrol@xunta.gal 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Descarga aquí a solicitude

Este curso está cofinanciado con fondos europeos FEADER nun 75%, e polo Estado e a Xunta de Galicia na porcentaxe restante a partes iguais.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada