Desenvolvemento rural

Curso sobre xestión de persoal nas explotacións gandeiras

25/10/2018 11:58 a.m.

A Oficina Agraria Comarcal de Lugo organiza o vindeiro venres, 2 de novembro, un curso sobre xestión de persoal nas explotacións gandeiras.

A actividade de formación, que leva por título “Novas estratexías de revalorización e de xestión técnico-económica das explotacións galegas co emprego de novas tecnoloxías e benchmarking”, será impartida por Yolanda Trillo, veterinaria e especialista en xestión de recursos humanos en ganderías.

O curso é de carácter gratuíto e celebrarase no IBADER - Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural, no Campus de Lugo, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 22:00 horas.

Os contidos que se impartirán son:

-¿Es o líder da túa empresa?

-¿Como lideras a túa empresa? 

-Estrutura do equipo de traballo: Organización do traballo e coordinación de equipos. 

-Como seleccionar o perfil de persoal que necesito? 

-Posicionamento do líder co persoal

-Motivación do persoal: Metodoloxía dinámica e en grupo mediante resolución de casos prácticos reais. 

As persoas interesadas en asistir deberán cubrir a ficha de inscrición e enviala a lideresenbienestar@gmail.com O límite é de 20 prazas, que se reservarán por orde de inscrición. 

Descarga aquí a folla de inscrición

Etiquetado
Ir a la portada