Carne

Curso sobre xenética das galiñas no CFEA de Sergude

Loading ad.
Ad could not be loaded.
05/10/2021 1:01 p.m.

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza esta fin de semana no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Sergude, no concello coruñés de Boqueixón, un curso sobre a xenética das aves centrado nas galiñas. Cunha duración total de 20 horas lectivas distribuídas en horario de mañá e tarde, a acción está prevista para o sábado 9 e o domingo 10 de outubro.

O obxectivo principal é mellorar e consolidar as distintas razas de galiñas na comunidade, con especial atención ás autóctonas. Así, no programa constan nocións sobre a xenética das galiñas, sobre as súas cores, morfoloxía e estándares. Tamén se tratarán as particularidades da súa cría de cara aos interesados na súa produción.

A xornada está dirixida en xeral a persoas vinculadas profesionalmente coa agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e o sector forestal ou con expectativas de incorporación, en especial mozos e mozas do rural galego.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A Agacal, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2021, pretende contribuír á consecución do aumento da competitividade do sector agrícola e forestal tanto a nivel técnico como económico mediante a oferta de cursos coma este.

Para inscribirse pódese descargar a solicitude nesta ligazón e remitila cuberta ao enderezo electrónico cursos.agacal.sergude@xunta.gal. Os interesados en obter información adicional poden chamar ao teléfono 881867331.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada