Viña

Curso sobre viños doces en Monterrei

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 26/02/2019 12:48 p.m.

O consello regulador da denominación de orixe Monterrei organiza un curso monográfico de viños doces co obxectivo de amosar a tipoloxía e historia deste tipo de viños. A actividade, que é de carácter gratuíto, desenvolverase o venres 8 de marzo (18-21 horas) e o sábado 9 de marzo (10-13 horas). É precisa a inscripción previa, admitíndose unha asistencia máxima de 18 persoas.

A actividade presentará as características de distintas variedades de viños doces, incluídos viños xenerosos, tostados ou de licor. Esta xornada será impartida por Paco del Castillo, enólogo, profesor de sumilleres e experto en análise sensorial de viños e outros produtos agroalimentarios, así coma Máster en Viticultura y Enología (Universidad Politécnica de Madrid).

A inscripción previa debe facerse no Consello Regulador, ben no teléfono 988 590 007 ou no e-mail info (arroba) domonterrei.com.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada