Axenda

Curso sobre queixos de pasta branda na Aula de Produtos Lácteos

A actividade, que conta coa colaboración da empresa Chr. Hansen, incluirá unha parte teórica e outra práctica

Campo Galego 24/10/2016 10:28 a.m.

A Aula de Produtos Lácteos (USC) organiza un curso sobre queixos de pasta branda os próximos 16 e 17 de novembro. A actividade, na que colabora a empresa Chr. Hansen, dividirase en dúas partes, unha xornada teórica o día 16, e outra práctica o 17. Impartirán a formación Marc Faiveley (Chr. Hansen), técnico francés especializado en queixos de pasta branda e innovación láctea, e os técnicos da Aula Paz Fernández-Abalat e Juan Ventura Trillo.

Na parte teórica abordaranse cuestións como a preparación do leite e os rendementos, a coagulación e os novos cultivos para pasta branda. O aforo está limitado a 60 persoas. En canto á parte práctica, que se desenvolverá na planta piloto da Aula de Produtos Lácteos, terá un aforo limitado a 30 persoas. Os participantes aprenderán a fabricar tres tipoloxías de queixos Brie.

A inscripción é gratuíta e pode facerse enviando un correo electrónico a formacion@aplta.es, indicando nome completo e datos referidos á empresa, cargo, teléfono de contacto e enderezo de correo electrónico.

Máis información
- Programa completo do curso (Pdf)

Etiquetado
Ir a la portada