Desenvolvemento rural

Curso sobre queima prescrita e pastoreo

22/07/2020 2:35 a.m.

O Campus Terra USC organiza, entre o 1 e o 4 de setembro, un curso semipresencial (online + dúas visitas de campo) sobre “Sistemas agroforestais e prevención de incendios: queima prescrita e pastoreo”. O curso está dirixido pola coordinadora de AFINET, Rosa Mosquera, e por Nuria Ferreiro.

O prazo de solicitudes remata o 27 de xullo e período de inscrición vai do 27 de xullo ao 28 de agosto.

Para consultar o programa do curso: https://cutt.ly/eaek0t5
Para rexistrarte: https://matricula.usc.es/loginx/Login.asp

Etiquetado
Ir a la portada