O obxectivo deste curso é ensinar os principios básicos de cultivo e da poda destas árbores para conseguir unha froita e colleita de calidade. Así, abordaranse os tipos de poda existentes nas froiteiras de pebida e nas de óso, os enxertos e as pragas e enfermidades que afectan a estas árbores.
A acción está dirixida en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como mozos e mozas do medio rural galego e persoas con expectativas de incorporación ao sector.
A Agacal, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2021, pretende contribuír á consecución do aumento da competitividade do sector agrícola e forestal tanto a nivel técnico como económico mediante a oferta de cursos coma este.
No seguinte enlace pode atoparse o formulario de inscrición para participar no curso, que debe remitirse cuberto ao enderezo electrónico oac.seca.orense@xunta.gal. Os interesados en obter información adicional poden chamar ao teléfono 988386535.