Viña

Curso sobre os requisitos administrativos aplicables ás adegas

O obxectivo desta formación, que terá lugar nas distintas Denominacións de Orixe, é informar sobre os procedementos propios e o cumprimento das normativas que lle son de aplicación ao sector vitivinícola

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 17/11/2021 9:00 a.m.

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), ten previsto celebrar un curso sobre a xestión e o cumprimento de requisitos administrativos aplicables ás adegas. O obxectivo é informar aos asistentes sobre os procedementos propios do sector vitivinícola que lles son de aplicación.

Este curso constará de dúas sesións teóricas. Para a primeira delas ofréceselles aos interesados dúas opcións: o xoves 18 de novembro no centro cultural Marcos Valcárcel (Ourense) ou o xoves 25 de novembro no salón de actos do Consello Regulador da DO Rías Baixas (Pontevedra). A segunda sesión será conxunta no salón de actos do Centro do Viño da Ribeira Sacra (Monforte de Lemos). En total, serán 10 horas de formación distribuídas en dúas xornadas.

Canto ao contido do programa, recolle os requisitos relativos ás instalacións da adega, as declaracións á Consellería do Medio Rural e os que teñen que ver co transporte. Tamén os relacionados cos nomes comerciais, marcas e etiquetaxe ou os da certificación de produto, entre outros.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Os interesados poden inscribirse a través do formulario de de asistencia dispoñible no seguinte enlace. As solicitudes cubertas deberán ser enviadas ao correo electrónico formacion.agacal@xunta.gal e se precisan información adicional poderán chamar ao teléfono 881997279.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada