Agricultura

Curso sobre oportunidades da agricultura dixital para pequenas explotacións e agroindustrias

Loading ad.
Ad could not be loaded.
25/10/2021 4:21 p.m.

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza este venres 29 de outubro, na aula multimedia do concello coruñés de Abegondo, un curso sobre oportunidades da agricultura dixital para pequenas explotacións e agroindustrias. Impartido pola Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, ten previsto desenvolverse ao longo de catro horas, entre as 10,00 e as 14 h.

O obxectivo é aportar claves sobre as novas canles comerciais dispoñibles, introducindo aos participantes nas tecnoloxías dixitais de aplicación no sector. Tamén se tratarán as tendencias e evolución da venda online, os distintos portais de comercialización e o seu alcance e as alternativas e ferramentas de xestión de pedidos.

Cabe apuntar que a acción está dirixida en xeral a persoas vinculadas profesionalmente coa agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e o sector forestal ou con expectativas de incorporación, en especial mozos e mozas do rural galego.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Para inscribirse pódese descargar a solicitude nesta ligazón e remitila cuberta ao enderezo electrónico maria.carmen.perez.santaclara@xunta.gal. Os que precisen consultar calquera dúbida poden chamar ao teléfono 981 547 367.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada