Desenvolvemento rural

Curso sobre mellora dos rendementos do gando vacún en ecolóxico a través da alimentación

14/09/2021 5:53 p.m.

A Consellería do Medio Rural organiza o vindeiro 5 de outubro no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Sergude (Boqueixón-A Coruña) un “Curso de alimentación de vacún en sistemas ecolóxicos”. A formación será impartida por Xan Pouliquen. 

No curso, que terá unha duración de 8 horas, analizaranse qué concentrados usar en produción ecolóxica, en que cantidades e como incrementar a produción de leite, como subir as calidades do mesmo, ou o rendemento cárnico dos becerros a través da mellora da alimentación.

Para maís información chamar ao 881 86 73 31 ou enviar un email a cursos.agacal.sergude@xunta.gal

Etiquetado
Ir a la portada