Desenvolvemento rural

Curso sobre instalacións para asesores en gando vacún de leite e carne

A iniciativa, organizada pola Consellería do Medio Rural, encádrase no Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2O14-2020

Campo Galego 12/06/2023 3:43 p.m.

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria en coordinación coa Subdirección Xeral de Planificación da Extensión Agraria, oferta un novo curso de formación de asesores, neste caso, especializado no gando vacún de leite e carne. O módulo comeza hoxe no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Abegondo) e continuará con visitas en xullo a varias explotacións gandeiras.

Este curso de formación está enmarcado no Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, co obxectivo de formar aos asesores públicos, para que poidan prestar unha mellor atención á cidadanía. Así, este novo módulo está orientado a tratar os diferentes aloxamentos e instalacións complementarias dentro dos sectores lácteo e cárnico do vacún.

As charlas, destinadas a persoal técnico e asesor da Consellería, comezan hoxe co tratamento, principalmente, do deseño das instalacións gandeiras ou a tipoloxía dos aloxamentos. O curso continuará no mes de xullo con visitas a unha granxa de leite e a varias explotacións de vacún destinadas á produción de carne, con sistemas de manexo diferentes.

Etiquetado
Ir a la portada