Leite

Curso sobre instalación de robot de muxido en granxas

Loading ad.
Ad could not be loaded.
09/11/2021 1:20 p.m.

A Consellería do Medio Rural, en colaboración co equipo de Lely en Galicia, organiza o vindeiro 23 de novembro un curso gratuíto sobre instalación do robot de muxido, un dispositivo cada vez máis presentes nas ganderías de vacún de leite.

A formación correrá a cargo de Yolanda Trillo Dono, veterinaria especializada en benestar animal e Farm Manager Suppor de Lely, e impartirase na gandería Penaval SC, en Lugo.

O programa é o seguinte:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

15:00h - 17:00h: Últimos avances na automatización das granxas. ¿Estou preparado para xestionar unha granxa robotizada?

17:30h - 20:00h: A experiencia de Ganaderia Penaval SC, muxido en sala vs muxido en robot

Inscrición: solicitar participación enviando e-mail a info@lideresenbienestar.com Máximo 15 asistentes por orde de recepción das inscricións.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada