Leite

Curso sobre inseminación de gando vacún e mellora reprodutiva a vindeira semana en Ribadeo

Será impartido entre o luns 8 e o mércores 10 de novembro no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 04/11/2021 9:12 a.m.

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), dependente da Consellería do Medio Rural, organiza a semana vindeira en Ribadeo un curso de mellora reprodutiva e inseminación do gando vacún. Impartido no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias, está previsto que se desenvolva entre o luns 8 e o mércores 10 de novembro, cun total de 10 horas lectivas.

A formación partirá da base de que a reprodución é un dos factores máis importantes na economía dunha explotación de vacún. Máis concretamente, a inseminación artificial revélase como determinante para a mellora xenética dos animais, posibilitando acceder a exemplares de altas producións nun curto período de tempo, co conseguinte aumento da competitividade e rendibilidade.

O programa formativo inclúe contidos sobre a anatomía e o aparato reprodutor da vaca, así como a detección de celos, incluíndo prácticas para aplicar os coñecementos adquiridos

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Así, esta técnica presenta vantaxes como un mellor aproveitamento do macho, un progreso xenético máis rápido, o aumento da fertilidade ou a minimización das enfermidades venéreas que afectan a este tipo de gando.

Nesta liña, o programa formativo inclúe contidos sobre a anatomía e o aparato reprodutor da vaca, sobre a detección de celos e sobre a desconxelación de material xenético, así como sobre pautas de inseminación e sobre palpación rectal, incluíndo prácticas para aplicar os coñecementos adquiridos.

Para participar no curso é preciso inscribirse enviando cuberto o formulario que se pode atopar no seguinte enlace ao enderezo electrónico cfearibadeo@xunta.es. Os interesados en asistir poderán solicitar ademais calquera información adicional chamando ao teléfono 982828556.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada