Agroalimentación

Curso sobre ingredientes e aditivos na industria láctea e alimentaria

A Aula de Produtos Lácteos da Universidade de Santiago organiza o 15 e 16 de xuño un obradoiro no que intervirán algunhas das principais firmas do sector

Campo Galego 05/05/2017 11:49 a.m.

Lugo acollerá os días 15 e 16 de xuño un curso sobre ingredientes e aditivos na industria láctea e alimentaria. A actividade, organizada pola Aula de Produtos Lácteos (Universidade de Santiago, USC), desenvolverase no auditorio da Facultade de Veterinaria. Os interesados en asistir poden inscribirse a través do enderezo electrónico comunicacion@aplta.es ou no teléfono 600-942.347.

O workshop oriéntase á participación de técnicos en I+D, produción e marketing de empresas do sector lácteo e alimentario. Búscase que os profesionais coñezan novas tendencias do mercado, así como as futuras demandas que se esperan dos consumidores no ámbito da alimentación.

No marco do curso, está previsto que empresas como Christian Hansen, DSM, Frulact ou Arla amosen as súas principais novidades en aditivos e compoñentes dos seus produtos. Estas presentacións, segundo informa a USC, están caracterizadas polo seu enfoque práctico, aplicado ó deseño e produción de alimentos e produtos lácteos.

Durante as xornadas, haberá un espazo de presentación de produtos, no que as empresas participantes contarán cunha área específica para facilitar a exposición e cata de prototipos e produtos comerciais.

Etiquetado
Ir a la portada