Allariz acollerá, do 11 ao 14 de xullo, o curso de verán Paisaxes en Produción que organiza a Universidade de Santiago de Compostela, o Concello de Allariz e a Fundación Juana de Vega coa colaboración das empresas Finsa e Aceites Abril.
O curso de verán dirixido a estudantes universitarios e alumnos de bacharelato e pequenos empresarios do rural, propón imaxinar estratexias de activación da economía local centradas na xestión dos recursos ambientais, a administración da dispoñibilidade das terras, a dinamización do patrimonio arqueolóxico, a reflexión sobre novas morfoloxías e a organización dos fluxos de auga e enerxía do medio.
As diferentes temáticas estarán relacionadas na percepción da paisaxe capaz de articular e por en valor os bens ecolóxicos, produtivos e culturais do lugar. No curso, fundamentalmente práctico, intervirán profesores de recoñecido prestixio así como tamén o arquitecto internacional David Chipperfield.
Información e inscricións ata o día 29 de xuño en www.allariz.gal/paisaxes