Viña

Curso sobre identificación e control de pragas e enfermidades na vide

A formación celébrase do 29 de agosto ao 2 de setembro na Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 23/08/2022 10:50 a.m.

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, organiza un curso práctico de formación profesional e adquisición de nocións básicas en identificación e control de pragas e enfermidades na vide. A formación celebrarase na Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia do 29 de agosto ao 2 de setembro, cunha duración total de 16 horas. Terá horario de tarde, das 18:00 ata ás 21:00 horas; excepto o día 2 que comezará ás 17:00 horas.

O taller aborda tanto aspectos teóricos como prácticos sobre a eficacia das medidas de control e prevención de pragas e enfermidades na vide. Así mesmo, pretende ensinar diferentes métodos e ferramentas en materia de control de pragas, prácticas no campo de recoñecemento de síntomas e danos das pragas e das diferentes enfermidades nas vides.

Esta iniciativa está dirixida á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

As persoas interesadas poden inscribirse e obter máis información consultando o curso no Plan de Formación que a Consellería de Medio Rural está a impulsar. O coordinador poñerase en contacto coas persoas inscritas a través do correo electrónico comunicándolle se está ou non admitida. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 886 15 94 10 ou enviarse un correo a evega.ribadumia.medio-rural@xunta.gal.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada