Forestal

Curso sobre estratexias de márketing para o sector forestal

04/09/2019 9:16 a.m.

PEFC Galicia organiza para o vindeiro 27 de setembro en Santiago unha MasterClass + Workshop: sobre “Estratexias para Fortalecer e Comunicar con éxito unha marca de produtos de orixe forestal”.

A asistencia é gratuíta a esta actividade financiada pola Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) e que conta coa colaboración da Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA) e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia. Celebrarase no edificio FEUGA e as prazas son limitadas

O curso está dirixido á industria forestal, consultorías, arquitectos, deseñadores, enxeñeiros forestais e de montes, gráficas,...

“A estratexia de comunicación para facerse visible nun mercado global é imprescindible. A importancia da diferenciación, as palancas para activar un discurso sostible nunha organización, as tendencias e actitudes do sector e os ámbitos potenciais de creación de valor social, son só algúns dos puntos a tratar nesta actividade levados da man de Christopher Smith, CEO de BrandSmith, experto en identidade corporativa e branding”, destacan dende PEFC Galicia.

A inscrición pode realizarse chamando ao 981 523 736 ou enviando un email a galicia@pefc.es

Velaquí o programa:

Etiquetado
Ir a la portada