Axenda

Curso sobre emprendemento no rural, recursos locais e cooperativismo

06/09/2017 11:03 a.m.

A Asociación Mariñas-Betanzos organiza entre os días 11 e 15 deste mes de setembro un curso gratuíto de "Emprendemento rural, recursos locais e cooperativismo".

Impartirase na sede da Fundación Juana de Vega, en Oleiros (A Coruña), e está dirixido a:

-Produtores agroalimentarios
-Produtores en Agricultura Ecolóxica
-Emprendedores interesados en poñer en marcha unha iniciativa emprendedora no medio rural
-Outras persoas interesadas.

O prazo para inscribirse rematará o venres 8 de setembro ás 12 horas  (envíar os datos a info@marinasbetanzos.gal, ou chamando ao 981 669 541).

Descarga aquí o programa do curso.

Etiquetado
Ir a la portada