Agricultura

Curso sobre como poñer en marcha unha plantación de árbores froiteiras en Galicia

Loading ad.
Ad could not be loaded.
27/01/2019 9:49 p.m.

A Fundación Juana de Vega convoca unha nova edición do curso “Bases técnicas para o desenvolvemento da fruticultura en Galicia”. A formación práctica realízase en colaboración co Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo para a implantación e mantemento de fincas frutícolas.

A realización do curso terá compoñente teórica en aula e prácticas en finca. Un dos obxectivos para conseguir é a realización práctica de todas as operacións necesarias para a implantación e mantemento de plantacións de árbores froiteiras, principalmente adaptado á fruticultura da zona atlántica.

Para poder acadar estes obxectivos eminentemente prácticos a execución do curso terá carácter descontinuo, comprendendo o período desde o mes de febreiro ata finais do mes de novembro, coincidindo coa colleita da froita e posterior conservación e transformación.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Para a execución práctica de todas estas operacións o centro dispón dunha finca experimental para a execución das mesmas. Ao mesmo tempo implantaranse novos cultivos na finca desde a fase inicial de preparación e acondicionamento dos terreos. Para adaptar as prácticas ao ciclo vexetativo executarase o programa de xeito coordinado coas actividades para realizar nas fincas experimentais e na adega.

Horario do curso e número de prazas

O horario será en xornada de tarde, prioritariamente de 16:30 a 20:30 horas, durante a semana laboral, aínda que poida ter lugar algunha práctica durante a fin de semana.

Número de prazas: 24

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Importe do curso: 200 euros

Duración do curso: 125 horas

Programa do curso:

Todas as sesións terán lugar no CFEA de Guísamo agás a inauguración do curso. Os coordinadores do curso son Guillermo Gil Do Campo e Xosé Antonio Meixide Fernández

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Martes, 12 de Febreiro de 2019.

16:00 a 16:30 h. Inauguración e Presentación do Curso (Director Fundación- Director CFEA- Coordinador técnico do Curso)

16:30 a 20:00 h. Teoría: A poda de árbores e arbustos en Galicia: evolución e perspectivas. Lugar: Sede Fundación Juana de Vega (San Pedro de Nós, Oleiros)

Módulo I. A PODA:

-Mércores, 13 de febreiro. A poda. Conceptos xerais

-Xoves, 14 de febreiro. Ferramentas e utensilios de poda

- Mércores, 20 de febreiro. A práctica da poda (I)

- Xoves, 21 de febreiro. A práctica da poda (II)

- Mércores, 27 de febreiro. A práctica da poda (III)

- Xoves, 2 de maio. Estados fenolóxicos. A poda en verde

- Xoves, 11 de xullo. Poda en verde, anelados, poda de plantas macho, rareo manual de froitos

Módulo II. PROPAGACIÓN DE ESPECIES FROITEIRAS E ALTERNATIVAS FRUTÍCOLAS PARA GALICIA

- Xoves, 7 de marzo. Multiplicación. A Enxerta, esgallado/estaquillado, sementeira...

- Xoves, 14 de marzo. Multiplicación. Acodo mediante corte e recalce. Casos particulares: castiñeiro, mazá, cerdeira...

- Xoves, 21 de marzo. Enxerta do castiñeiro e outras froiteiras

- Mércores, 15 de maio. Principais alternativas frutícolas para Galicia

- Mércores, 22 de maio. Técnicas de cultivo de diferentes froiteiras (castiñeiro e outros froiteiros de interese)

- Mércores, 29 de maio. Cítricos, mazá de sidra e mesa, kiwi, pequenos froitos...

- Xoves, 6 de xuño. Planificación de explotación frutícola

Módulo III. DEFENSA VEXETAL, TRABALLOS DE MANTEMENTO, MECANIZACIÓN E INSTALACIÓNS FRUTÍCOLAS

- Mércores, 3 de abril. Pragas e enfermidades. Produción ecolóxica e integrada (I)

- Mércores, 10 de abril. Pragas e enfermidades. Produción ecolóxica e integrada (II)

- Xoves, 25 de abril. Instalacións necesarias na explotación froiteira: empalizadas, rega, emparrados, semiemparrados, cubertas, invernadoiros, peches, cortaventos, pistas, etc

- Xoves, 23 de maio. Mecanización. Labores primarios e mantemento de solos

- Mércores, 12 de xuño. Tratamentos fitosanitarios. Técnicas e mecanización

- Xoves, 20 de xuño. Mantemento e prácticas culturais dos cultivos frutícolas (solos, rega, aclareo de froitos... 3

- Xoves, 19 de setembro. Instalacións de conservación, laboratorio, análise e transformación, teoría da conservación de produtos, a adega...

Módulo IV. APROVEITAMENTO E TRANSFORMACIÓN DE PRODUTOS FRUTÍCOLAS

- Mércores, 2 de outubro. Prácticas de campo e laboratorio para o control da maduración de froitas (outonoinverno)

- Xoves, 10 de outubro. Maduración, recolleita e conservación da froita carnosa e froita seca. Loxística da recollida: palots, big-bags, caixas, sacos...

- Mércores, 16 de outubro. Maduración e recollida de froita carnosa e froita seca. Análise: dureza, materia seca e grao brix...

- Mércores, 30 de outubro. Práctica de elaboración de mosto e sidra

- Xoves, 7 de novembro. Práctica de elaboración de derivados da froita

- Mércores, 20 de novembro. Comercialización e mercados na froiticultura

- Mércores, 27 de novembro. A cata e a degustación de froitos frescos e transformados

Data de decembro a concretar: Clausura do curso e entrega de diplomas.

Sábado de xaneiro: Visita de campo

Inscríbete nesta ligazón.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada