Forestal

Curso sobre alternativas ao minifundio forestal

Campo Galego 26/08/2022 9:52 a.m.

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Becerreá (Lugo) organiza un curso sobre alternativas ao minifundio forestal. Na formación daranse a coñecer alternativas de xestión ás principais especies forestais e a importancia do asociacionismo como solución aos problemas derivados do minifundio.

As persoas asistentes van adquirir coñecementos técnicos e profesionais para establecer un aproveitamento de arándanos, mazá para sidra e souto destinado ao aproveitamento de froito.

A formación será impartida por Foresin, Consultoría de Enxeñería Forestal e Ambiental e conta coa colaboración de entidades como Agacal, entre outros organismos.

O curso celebrarase os días 5, 6, 7, 8, e 9 de setembro en horario de tarde, de 16.00 a 21.00 horas. Mentres, os días 10 e 17 de setembro a formación será de 9.00 a 19.00 horas. Impartirase no local social de Tuiriz, en Santa María de Toiriz, Pantón (Lugo).

A asistencia é de balde e as prazas son limitadas. As persoas interesadas poden formalizar a inscrición enviando un email a información@ƒoresin.es ou mercedes.fra.perez@xunta.es ou chamando ós teléfonos 680 208 320611 413 582 e 982 828 370 onde tamén poden solicitar máis información.

 

Etiquetado
Ir a la portada