Carne

Curso sobre alimentación en ganderías intensivas en Monforte

A formación será o vindeiro luns 24 de outubro no Centro de Formación e Experimentación Agraria en horario de 10:00 a 14:15 horas

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 19/10/2022 3:36 p.m.

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, ten previsto celebrar no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte un curso sobre gandaría intensiva. A formación ten previsto celebrarse o vindeiro luns 24 de outubro en horario de 10:00 a 14:15 horas.

O curso centrarase nos aspectos produtivos e de manexo para unha correcta alimentación da gandaría intensiva. Así, a formación ten como obxectivo que os alumnos comprendan os conceptos básicos, tanto teóricos como prácticos, da anatomía, a fisioloxía e a alimentación animal, así como os procesos produtivos e os requisitos nutricionais en función de cada especie para un correcto manexo dos sistemas de produción.

Para inscribirse é necesario facer a preinscrición en liña cubrindo os datos requeridos no seguinte enlace. O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982889103, ou enviar un correo a ceca.monforte@edu.xunta.es.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

 

 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada