Viña

Curso práctico de poda este sábado en Valdeorras

Loading ad.
Ad could not be loaded.
16/03/2017 11:43 a.m.

Logo do éxito do curso práctico de poda desenvolvido o pasado sábado en Vilamartín de Valdeorras polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras e o Inorde, ambas as entidades promoven de novo conxuntamente unha nova edición desta iniciativa. Celebrarase na mañá deste sábado, día 18, e estará dirixida polo técnico Francisco Rego, investigador da Estación de Enoloxía e Viticultura de Galicia (Evega).

Cunha vocación eminentemente práctica, o curso da semana pasada contou coa participaron de 25 persoas e esgotou as súas prazas. Agora, para responder á grande demanda suscitada, ponse en marcha unha nova convocatoria na que, ata o momento, hai anotadas 14 persoas. Os interesados en participar poden porse en contacto co Consello Regulador a través do teléfono 988 30 02 95.

Este curso enmárcase na decidida aposta do Consello Regulador da D.O. Valdeorras por fomentar accións formativas entre os membros que compoñen o sector vitivinícola da comarca.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada