Curso práctico de atención ao parto en ovino e caprino

11/04/2022 10:35 a.m.

Beealia organiza este mércores, 13 de abril, na vila lucense de Meira, un curso práctico de atención ao parto de ovellas e cabras.

No curso abordarase a planificación da parideira, técnicas de atención ao parto, manexo en extensivo e primeiros coidados de años e cabritos.

O curso impartirase en dúas sesións, unha primeira ás 9:00 da mañá e unha segunda ás 19:00 horas. O custo é de 15 euros por participante.

Para máis información e inscribirse enviar un washap ou chamar ao 619 032 791

Etiquetado
Ir a la portada