Leite

Curso para desempregados sobre produción e transformación de leite ecolóxico

Unións Agrarias organiza un curso de 50 horas adicado a formar persoal capacitado na produción e elaboración de derivados de leite ecolóxico

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 18/01/2019 9:41 p.m.

Unións Agrarias organiza en febreiro un curso adicado á formación sobre produción e transformación de leite ecolóxico. A actividade, que ten unha duración de 50 horas e que pode cursarse en modalidade presencial, a distancia ou mixta, está dirixida a empregados que queiran capacitarse ben para traballar en ganderías ou empresas do sector, ben para impulsar o seu propio proxecto empresarial.

O curso inclúe formación teórica inicial e talleres prácticos en explotacións de leite ecolóxico e en centros de transformación de produtos derivados. Tamén se abordará a elaboración de plans empresariais e estratexias para a busca de emprego.

A preinscripción pode facerse ata o 31 de xaneiro no correo electrónico formacionfb (arroba) unionsagrarias.org ou no teléfono 981 53 05 00.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada