Leite

Curso online de incorporación a ganderías de vacún de leite

Loading ad.
Ad could not be loaded.
06/07/2022 12:42 p.m.

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) abre a convocatoria para a terceira edición do Curso de Incorporación á explotación agraria, orientación vacún de leite e Aplicador/Manipulador de Produtos Fitosanitarios. O curso, de carácter gratuíto e que se realizará na modalidade online, comezará no mes de setembro.

En canto á duración, mentres a parte de Incorporación á producción de leite de vacún consta de 250 horas, a de Aplicador/Manipulador de Produtos Fitosanitarios será de 25 horas.

As personas interesadas en participar poden matricularse cubrindo o formulario que aparece neste enlace.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O curso está dirixido a personas desempregadas con intención de incorporarse ao mercado laboral nunha explotación ganadeira. Ademáis, conta coa homologación da Consellería do Medio Rural.

Temario. Módulos

1.- A empresa agraria (30 horas).
2.- Xestión técnico-económica da empresa agraria (30 horas).
3.- Asociacionismo, comercialización e trazabilidade (30 horas).
4.- Relacións laborais e prevención de riscos laborais (30 horas)
5.- Sensibilización medioambiental (30 horas).
6.- Agrotecnoloxía (30 horas).
7.- Produción de forraxes e alimentación do gando (40 horas).
8.- Produción de leite e manexo do gando (30 horas).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

As personas que desexen matricularse deben cubrir este formulario.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada