Agroalimentación

Curso online de AGACA sobre certificacións de calidade alimentaria e ambiental

Desenvolverase a través dunha plataforma de formación web entre o 6 de febreiro e o 13 de marzo e estará impartido por técnicos de AGACA

Campo Galego 21/01/2023 12:41 p.m.

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza un curso online sobre certificacións de calidade alimentaria e ambiental. Baixo o título A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e medioambientais, é un ciclo formativo gratuíto que vai pola súa undécima edición.

Cúrsase mediante unha plataforma de formación en liña á que o alumnado pode acceder as 24 horas dende o 6 de febreiro ata o 13 de marzo e está impartido por técnicos de AGACA. O número de prazas é limitado e a inscrición realízase a través da páxina web www.agaca.coop.

O número de prazas é limitado e a inscrición realízase a través da páxina web de AGACA

A formación consta de tres unidades didácticas: Cooperativismo no sector primario, Certificacións de calidade (ISO, GLOBALG.A.P., BRC/IFS e certificacións de vacún de leite) e Certificacións ambientais (ISO, análises de ciclo de vida, pegada de carbono e pegada hídrica).

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2023 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

Etiquetado
Ir a la portada