Agricultura

Curso gratuíto de horticultura e floricultura

Loading ad.
Ad could not be loaded.
09/09/2017 12:04 p.m.

O Centro de Promoción Rural Efa Fonteboa de Coristanco organiza un curso gratuíto de horticultura e floricultura. O curso está dirixido a persoas desempregadas e permite obter o Certificado de Profesionalidade.

O curso comezará o día 2 de outubro e ten unha duración de 600 horas, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Repartirase en 260 horas de formación teórica, 340 horas de formación práctica e 40 horas de prácticas en empresas.

As persoas que o realicen aprenderán a realizar labores de preparación do terreo, sementeira e transplantes de cultivos, realización de operacións de transporte e almacenamento, control de pragas e manexo e mantemento de
maquinaria...

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Os obxectivos son favorecer o autoemprego na horticultura e adquirir unha cualificación profesional para o emprego por conta allea.

Para a inscrición dirixirse as Oficinas de Emprego ou ao Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa, no teléfono 981 733 051

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada