Forestal

Curso en Silleda sobre técnicas de extracción de resina

30/08/2023 11:45 a.m.

A localidade pontevedresa de Silleda acollerá ao longo do mes de setembro un curso gratuíto sobre técnicas de extracción de resina. A actividade está organizada pola consultora forestal Foresin xunto a Axencia Galega de Calidade Alimetaria, AGACAL. 

O curso impartirase na oficina agraria comarcal e nel trataranse os principios básicos dun aproveitamento resineiro así como a viabilidade económica do mesmo, diferentes métodos de extracción e rematarase cunha visita guiada á unha explotación resineira profesional. 

A duración desta actividade formativa é de 36 horas que se impartirán os días 18, 19, 20, 21, 25, 26 e 27 de setembro

Contacto para máis información: juan.antonio.ortega.martinez@xunta.gal ou 886 159 475

Inscripcións:
https://foagro.xunta.gal/foagro/inscripcion/publica/accionsFormativas

Etiquetado
Ir a la portada