Forestal

Curso en Ponteareas sobre aproveitamento dos soutos para castaña

11/09/2021 11:21 a.m.

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), desenvolverá o vindeiro xoves 16 de setembro un curso sobre nocións básicas para o aproveitamento dos soutos dirixido ao sector da castaña. A acción formativa celebrarase no auditorio municipal do concello pontevedrés de Ponteareas en horario de 18:30 a 22:30 horas.

Ao longo das catro horas de duración, o programa abordará diversos conceptos como a comercialización, a gama de produtos, a recollida, o procesado ou os mercados, así como os modelos de xestión, a calidade e composición do prezo ou a promoción do produto.

Deste xeito, o obxectivo principal deste curso é informar do que se está facendo no sector para que os produtores de castaña orienten as plantacións aos distintos mercados e poidan facer fronte ás actuais doenzas do castiñeiro.

Todos os interesados poderán anotarse nos cursos cubrindo a correspondente solicitude dispoñible na páxina web da Consellería do Medio Rural. Esta deberá remitirse ao correo electrónico de formacion.agacal@xunta.gal. Tamén poden chamar ao número 881997279 para máis información.

Etiquetado
Ir a la portada