Desenvolvemento rural

Curso en Palas de Rei de Jairo Restrepo sobre “O ABC da agricultura orgánica”

24/03/2018 10:10 a.m.

A Asociación Onda Vital organiza a segunda edición en Galicia do curso “O ABC da Agricultura Orgánica”, que impartirá Jairo Restrepo. Trátase dun curso teórico e práctico de tres días de duración que terá lugar os días 4, 5 e 6 de maio na granxa Arqueixal, en Palas de Rei, Lugo.

Jairo Restrepo impartirá formación sobre técnicas como o bocashi, os biofertilizantes, fariñas de rochas, caldos minerais, fosfitos, trofobiose...e demáis técnicas orgánicas para entender e recuperar a fertilidade dos solo.

O curso ten un prezo de 160 euros. Para máis información escribir a ondavital.info@gmail.com ou chamar ao 646076287.

Ir a la portada