Apicultura

Curso en Ourense sobre xenética e crianza selectiva de abellas

03/04/2024 10:47 a.m.

A Agrupación Apícola de Galicia organiza un curso sobre xenética e crianza selectiva de abellas melíferas.

A formación, de carácter teórico e práctico, terá lugar os días 15 e 16 de abril na Valenzá, no concello ourensán de Barbadás.

O curso será impartido por Ernesto Guzmán Novoa, entomólogo, veterinario e Director do Centro de Investigacións en Abellas da Universidade de Guelph, en Canadá.

Para asistir ao curso é imprescindible anotarse, a través do número de watsapp 646788215. O custo é de 20 euros para socios e de 70 euros para para persoas non socias da Agrupación Apícola de Galicia.

Etiquetado
Ir a la portada