Viña

Curso en Monterrei sobre transporte, conservación e servizo do viño

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 04/11/2019 3:15 p.m.

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei organiza a acción ‘Curso de Transporte, conservación e servizo do viño’. Este curso gratuíto está destinado a un máximo de 12 persoas, e terá lugar o 8 de novembro (18.00 a 20.00 horas) e o 9 de novembro (10:00 a 13:00 horas).

No mesmo presentaranse cuestións como: técnicas de compra e venda, selección, transporte, conservación, servizo de viños, decantación ou degole de viños vellos, entre outras.

Esta acción formativa será impartida por Javier Gila, Con máis de 30 anos de oficio no mundo do viño, é o actual presidente da Asociación de Sumilleres de Madrid e pentacampeón de España de Sumilleres. Gila exerceu en adegas, distribución, tendas especializadas,restaurantes, hoteis, entre outros no Hotel Ritz de Madrid, Lavinia, Club Allard ou Restaurante Aldaba.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A acción formativa realizarase na sede do C.R.D.O. Monterrei (R/ Castelao, 10 Baixo).

Para poder asistir ao ‘Curso de Transporte, conservación e servizo do viño’ será necesario inscribirse previamente na sede do Consello Regulador (Tlf. 988 590 007 // Correo electrónico: info@domonterrei.com).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada