Agricultura

Curso en Monforte sobre técnicas para a produción de froita ecolóxica

Celebrarase o vindeiro martes 25 de outubro no Centro de Formación e Experimentación Agraria en horario de 10:00 a 14:15 horas

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 18/10/2022 8:55 a.m.

[caption id="attachment_131589" align="aligncenter" width="660"] Instalacións do CFEA de Monforte de Lemos, que conta con campos de ensaio de froiteiras e viñedo[/caption]

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, ten previsto celebrar un curso en Monforte de Lemos sobre técnicas da agricultura orgánica aplicadas á fruticultura e outros cultivos. A formación será o vindeiro martes 25 de outubro no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos en horario de 10:00 a 14:15 horas. 

O eixo central desta formación é dotar aos alumnos dos coñecementos necesarios sobre a sustentabilidade e a resiliencia do medio rural, así como a rexeneración de terras pola súa relación coa saúde dos cultivos. Para iso, explicarase a interacción entre técnicas e prácticas sustentables co desenvolvemento tanto dos seus cultivos como da súa contorna.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Para participar é necesario cubrir o formulario de inscrición no seguinte enlace. O coordinador do curso porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolles se están admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982889103, ou enviar un correo a ceca.monforte@edu.xunta.es.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada