Desenvolvemento rural

Curso en Lugo para a incorporación á gandería e agricultura ecolóxica

16/10/2021 6:20 p.m.

O vindeiro 25 de outubro impartirase no Edificio Administrativo Multiúsos de Lugo un “Curso para a incorporación á gandería e agricultura ecolóxica.

A formación está organizada por Beealia, o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), a Consellería do Medio Rural e o Ministerio de Agricultura.

A formación impartirase en horario de 9 a 14:00 horas e con ela preténdense incrementar tanto o número de productores en ecolóxico como de superficie certificada, tendo en conta que a Comisión Europea pretende triplicar a superficie en eco durante os próximos dez anos, ata alcanzar un 25% de terras agrícolas dedicadas á agricultura ecolóxica en 2030 (na actualidade a porcentaxe atópase no 8% no conxunto da Unión Europea).

Neste sentido, no curso informarase sobre os requisitos para pasarse á produción en ecolóxico, o novo prazo para solicitar axudas para a agricultura e gandería ecolóxicas ou os novos cambios normativos, sistemas de produción e novas estratexias produtivas.

Para máis información e inscricións chamar ao 635 01 33 23 ou enviar un email a beealia@gmail.com

Etiquetado
Ir a la portada