Emprender formación

Curso en Lalín sobre silvicultura e pastoreo en montes

A xornada terá lugar no local do Sindicato Labrego Galego de Lalín entre os días 3, 4, 5 e 6 de outubro en horario de mañá, de 10.30h a 13.30h

Campo Galego 29/09/2022 11:24 a.m.

O Sindicato Labrego Galego organiza un curso de silvicultura e pastoreo en montes no local de Lalín. Levarase a cabo entre os días 3, 4, 5 e 6 de outubro en horario de mañá, desde as 10.30h ás 13.30h. Esta acción formativa está orientada á vindeira tempada de outono, co correspondente tratamento silvícola en árbores de cultivo da temporada, así como á recolección de fungos. Do mesmo xeito, tamén se abordarán contidos relacionados co manexo de gando vacún de carne e porcino en montes.

Esta acción formativa vai dirixida a persoas traballadoras no sector, así como a persoas autónomas e desempregadas. A súa asistencia require de inscrición a través do e-mail lalin@sindicatolabrego.gal ou a través dos teléfonos 986-792-268 ou 699 924 630. A actividade está organizada en colaboración coa entidade Coordinadora de Organizacións de Agricultores e Gandeiros (COAG) e conta financiación do Ministerio de Agricultura.

Etiquetado
Ir a la portada