Forestal

Curso en Curtis sobre xestión dos soutos para a produción de castaña

01/10/2022 8:05 p.m.

O concello coruñés de Curtis acollerá un curso sobre “Xestión dos soutos para a produción de castaña”. A formación será impartida por membros do “Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós (Ourense)” e realizarase o vindeiro día 10 de outubro en horario de 10:00 a 14:00 horas no Recinto Feiral de Curtis.

Entre os contidos explicarase a localización ideal, preparación do terreo e a plantación dos soutos así como o manexo do mesmo, as pragas e as súas doenzas.

O curso é gratuíto e os interesados en inscribirse deben poñerse en contacto co Concello de Curtis no 981 777 105 ou no 981 789 003.

Etiquetado
Ir a la portada