Carne

Curso en Cedeira sobre técnicas de pastoreo

Loading ad.
Ad could not be loaded.
26/10/2021 9:30 a.m.

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), ten previsto celebrar o vindeiro martes 2 de novembro en Cedeira un curso sobre técnicas de pastoreo. Impartida pola Oficina Agraria Comarcal (OAC) desta localidade coruñesa, a acción formativa está programada no auditorio municipal, en horario partido (de 11,00 a 14,00 horas e de 15,30 a 18,30 h.).

O obxectivo desta xornada é formar aos asistentes sobre o papel do pastoreo como fornecedor de alimento equilibrado para o gando, co fin de mellorar a rendibilidade e a produtividade do leite e da carne. Para iso, abordaranse as distintas técnicas de pastoreo desde o punto de vista dos seus resultados técnicos e económicos, ademais de analizar os erros máis habituais nas granxas que se inician e asentan neste tipo de sistemas. A xornada finalizará cunha visita a unha explotación gandeira que emprega a técnica do pastoreo.

A acción está dirixida en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como mozos e mozas do medio rural galego e persoas con expectativas de incorporación ao sector.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Para inscribirse pódese descargar a solicitude nesta ligazón e remitila cuberta ao enderezo electrónico maria.pilar.blanco.chao@xunta.es. Os interesados en obter información adicional poden chamar ao teléfono 881 930 095.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada