Desenvolvemento rural

Curso en Bergondo sobre emprego de drons en agricultura de precisión e sector agroforestal

O curso terá lugar do 23 ao 30 de xuño e levarase a cabo no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Guísamo

18/06/2022 7:52 p.m.

A Axencia Galega de Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto celebrar unha acción de formación profesional e adquisición de competencias sobre o manexo de drons no sector agroforestal e agricultura de precisión. O obradoiro darase ao longo de 5 días no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Guísamo, no concello de Bergondo, entre os días 23 e 30 de xuño en horario de mañá dende as 9:00 ás 14:00 horas.

O curso abordará aspectos básicos no emprego de vehículos aéreos non tripulados e os diferentes usos que poden ter no sector agroforestal. Así mesmo, tratarase a agricultura de precisión, cunha introdución nos métodos, equipamentos e aplicacións así coma os sistemas de uso e a análise das vantaxes e futuro deste tipo de tecnoloxías no sector.

As persoas interesadas en asistir poden inscribirse online nesta ligazón: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas O coordinador poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se está ou non admitido. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 881 881 043, ou enviarse un correo a cfea.guisamo@edu.xunta.gal

Etiquetado
Ir a la portada