O obxectivo deste curso, que se desenvolverá ao longo de catro días en horario de 9:00 a 14:15 horas, é dotar aos alumnos dos coñecementos necesarios sobre a lexislación referente á directiva de máquinas, normas harmonizadas e prevención de riscos laborais para que os estudantes sexan conscientes dos riscos que entraña o manexo desta maquinaria, ao tempo que se faga un bo uso dela. Para iso, levarase a cabo un plan de ensino no que se combinará unha parte teórica con outra práctica.
Para inscribirse é necesario facer a preinscrición en liña cubrindo os datos requeridos no seguinte enlace. O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982828367, ou enviar un email a cfea.becerrea@xunta.gal.