Viña

Curso de viticultura organizado pola EVEGA

Vai dirixido a formar a aqueles persoas que inicien a súa actividade no eido da viticultura ou aos profesionais que queiran mellorar a súa formación cara a realización dunha viticultura máis sostible.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
16/06/2015 6:25 p.m.

O vindeiro luns 22 de xuño a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia organiza o curso de Aptitude Empresarial Agraria Vitivinicultura. Técnicas de cultivo.

Cun total de 30 prazas e 30 horas de duración vai dirixido a formar a aqueles persoas que inicien a súa actividade no eido da viticultura ou aos profesionais que queiran mellorar a súa formación cara a realización dunha viticultura máis sostible.

Entre os obxectivos do curso salientan o establecemento das pautas a seguir para o establecemento do viñedo así como para o manexo do solo máis axeitado a unha viticultura sostible; a aprendizaxe das técnicas de manexo do material vexetal: enxerto, formación da planta, poda, sistemas de condución; incidirase no uso sostible de fitosanitarios para a prevención e control de pragas e enfermidades da vide e, finalmente daranse a coñecer as posibilidades de diversidade varietal co que conta Galicia.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O curso desenvolverase entre o 22 e o 29 de xuño. A data de inscrición remata o día 19 de xuño de 2015 ou cando as prazas estean cubertas.

Consulta o programa e realiza a inscripción nesta ligazón. 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada