Viña

Curso de viticultura e enoloxía

Loading ad.
Ad could not be loaded.
07/02/2021 11:00 a.m.

A Fundación Juana de Vega abre o prazo de inscrición no curso de formación práctica de vicultura e enoloxía do ano 2021 que se desenvolven en colaboración co Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo (Bergondo-A Coruña).

O curso está especialmente adaptado á comarca que abarca os viños da Terra de Betanzos. O curso ten dous niveis: un básico de 100 horas de duración e 170 euros de prezo e outro de nivel avanzado, con 60 horas de aulas e un custo de 130 euros. Ambos comezarán o 18 de febreiro, impartíndose en horario de tarde ata o mes de decembro.

As inscricións deberán realizarse nos formularios da páxina web www.juanadevega.org donde tamén se pode descargar os calendarios dos cursos 2021. 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

As 20 prazas existentes para cada un dos cursos cubriranse por orde de inscrición ata o 12 de febreiro e darase prioridade ao alumnado matriculado en 2020, o cal sufriu a suspensión do curso por mor da COVID-19.

Para calquera dúbida ou consulta enviar un email a info@juanadevega.org, no teléfono 981.65.43.37.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Actividade pendente das posibles restriccións sanitarias das vindeiras semanas. 

Máis información nesta ligazón

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada