Axenda

Curso de transformación de produtos lácteos

03/04/2016 12:38 p.m.

O Centro de Promoción Rural - EFA FONTEBOA en colaboración coa Aula de Produtos Lácteos da Universidade de Santiago de Compostela organiza un Curso de transformación de produtos lácteos.

Celebrarase na Aula de Produtos Lácteos de Lugo entre os días 18 e 22 de abril. Os obxectivos do curso son coñecer os procesos de elaboración dos produtos lácteos transformados (queixos e postres), valorizar o leite líquido nun produto diferenciado e descubrir as potencialidades do leite.

Para iso, os contidos que se impartirán son os seguintes:
- Elaboración de queixos tipo Arzúa-Ulloa
- Elaboración de iogures e postres lácteos
- Visitas a empresas de transformación do leite/gandeirías

A inscrición ten un prezo de 195€ e inclúe aloxamento e almorzo.

Para inscribirse chamar ao 981 733 051 ou escribir a fonteboa@efagalicia.org

Etiquetado
Ir a la portada