Viña

Curso de poda de viñedo do Inorde e a DO. Monterrei

Loading ad.
Ad could not be loaded.
22/04/2017 12:01 a.m.

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei xunto co Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) promoven a realización dun curso práctico de poda.

Este curso terá lugar o vindeiro sábado 29 de abril e será impartido por Francisco Rego, investigador da Estación de Enoloxía e Viticultura de Galicia (Evega). Dita acción formativa está conformada por dous partes: unha teórica, que terá lugar de 9 a 11 horas, e outra práctica, de 11.30 a 14 horas.

A parte teórica desenvolverase na sede do C.R.D.O. Monterrei (Avda. Luís Espada, 73 Baixo. Verín) mentres que a práctica será na viña experimental do INORDE (situada nas proximidades do Castelo de Monterrei).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Trátase dun curso de carácter gratuíto e destinado a un máximo de 30 alumnos/as. Para poder asistir ao devandito curso será necesario inscribirse previamente no C.R.D.O. Monterrei (a través do teléfono 988 590 007 ou correo electrónico: info@domonterrei.com). A inscrición realizarase por rigorosa orde de entrada. Este curso práctico de poda enmárcase na aposta da D.O. Monterrei por fomentar accións formativas entre os membros que compoñen o sector vitivinícola da comarca.

Sobre a D.O Monterrei

A de Monterrei é unha das cinco denominacións de orixe vinícolas galegas. Confórmana 25 adegas do val de Monterrei, que abarca os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oimbra e Castrelo do Val. Os viñedos desta D.O ocupan un total de 575 hectáreas de territorio nas que traballan 446 viticultores.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada